¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Saber máis - Aceptar.
Secciones
Síguenos en las redes
Buscar
Idiomas disponibles

Hórreo de Araño

O hórreo de nunca acabar 

O máis longo de Galicia, con 36,75 metros a cámara e 37,05 metros o celeiro, ademais do de maior capacidade. A base de pedra é corrida e sobre ela sobresae o tornarratos de cantería. Conserva unhas escaleiras de acceso na parede que da á Igrexa de Santa Baia. A cámara confórmase con perpiaños horizontais en ringleira. Ten cuberta de tella a dúas augas, e as sobrepenas rematan con cruces flanqueadas por pequenos pináculos. A súa construción remóntase ao século XVII. A visión impresiona.

 

  • SITUACIÓN: Lugar de Traba, parroquia de Araño
  • MAIL: turismo@concelloderianxo.gal
  • TELÉFONO: 981 860 075 / 667 185 576
  • WEB: http://omarfeitotradicion.gal/es/horreos
  • ACCESIBILIDADE: Practicable para persoas con mobilidade reducida e para persoas con discapacidade visual

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar